


Pincha en imagenes.SILLEDA-4 BARBADAS-1 (IDA COPA)
Barbadás: Vanesa, Abi, Su (m. 45 Vero), Paci, María (m. 79 Yanira), Cris, P. Casas, Mónica, Enma (m. 71 Nuria), Alba (m. 79 Aida) e Jani.
O equipo feminino do Babadás perdeu hoxe nunha mañá cunha calor axfisiante ante un gran equipo que estaba reforzado por varías xogadoras de categoría nacional de futbol-sala. Asi e todo quizais o resultado final fose algo avultado para os méritos feitos polas nosas futbolistas. Na primeira metade Cris lanzou unha falta que rexeitou o traveseiro da portería local e Enma dispuxo dun par de boas ocasións, pero foron as locais as que marcaron o seu segundo gol cando estábamos a piques de chegar ao descanso. Nada máis comezar o segundo tempo Paci fixo de penalti o 2-1 e case a continuación foi expulsada unha xogadora local; neses momentos logramos facernos co dominio do partido e Enma tivo o 2 a 2 nunha ocasión clarisima soa ante a porteira local que unha xogadora quita baixo paus, pero nunha xogada desafortunada Jani fai un mal despexe e deixa o balón aos pés dunha dianteira que fai o 3-1, aí o noso equipo sofre un baixón e as locais aínda cunha xogadora menos empezan a "tocar"
e fannos o 4-1 que deixa a eliminatoria moi costa arriba para as nosas.
O próximo sabado ás 20 horas celebrarase o partido de volta en "Os Carris" no que tentaremos remontar ante un moi bo equipo no que a maioría de xogadoras tiñan un nivel técnico e físico que ata agora non viramos na nosa liga.
Gracias a Fofi por la crónica y fotos.


















Tres imagenes de la numerosa afición que respondió con un gran lleno. 

























